Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Presenza destacada das empresas certificadas por Galicia Calidade en Alimentaria 2016
25/04/2016.

Presenza destacada das empresas certificadas por Galicia Calidade en Alimentaria 2016

Galicia Calidade conta cunha presenza destacada en Alimentaria 2016, ao contar cunha veintena de empresas que promocionarán os seus produtos

Galicia Calidade conta cunha presenza destacada na presente edición de Alimentaria 2016, que se celebra desde hoxe xa ata o xoves en Barcelona, ao contar cunha veintena de empresas certificadas por este selo de garantía, onde promocionarán os seus produtos.

No sector dos viños figuran as adegas Paco y Lola, Terra de AsoreiAltos de Torona y Señorío de Rubiós, da D.O. Rías Baixas; A Coroa, da D.O. Valdeorras; Regina Viarum, da D.O Ribeira Sacra; e Nairoa, da D.O. Ribeiro. No sector da alimentación, están presentes  CorenAvigal (Avícola de Galicia), Granja CampomayorIngapanTorre de Núñez e Conservas A Rosaleira . Tamén acoden a Alimentaria as empresas de bebidasHijos de RiveraAguas de CabreiroáAguas de Mondariz Nor-Ibérica de Bebidas; a cooperativa láctea Feiraco e a conserveira Luis Escurís Batalla.

Algunhas destas empresas contan con caseta propia, como é o caso de Hijos de Rivera, Torre de Núñez ou Ingapan, e outras participan dentro da presenza das consellerías do Medio Rural e a de Mar, que farán promoción dos produtos galegos. 

A caseta institucional da Xunta alberga a máis de 90 empresas galegas do campo alimentario do campo e do mar.  No campo agroalimentario, a Xunta participa con tres postos noutros tantos pavillóns sectoriais: Intercarn (carne), Interlact (lácteo) e Múltiple Foods (multiproducto). Ademais, tamén apoia a presenza dos viños e augardentes galegos no salón Intervin, colaborando cos seus respectivos consellos reguladores.

Indicacións de orixe

A presenza destas empresas compleméntase coa promoción das diferentes indicacións xeográficas e denominacións de orixe galegas e coa organización de multitude de degustacións e catas de produto ao longo de toda a feira.

Ademais a Consellería do Mar participará neste evento cun posto institucional de 440 m2 de zona expositiva e dividido en dúas illas na área Expoconser, situada dentro do salón denominado Multiple Foods, unha área nova que incorpora esta edición de Alimentaria.

Este posto dará cabida ás 26 empresas e entidades galegas coexpositoras do sector pertencentes ás áreas da pesca, conxelado e conserva. O posto da Consellería tamén conta cunha área destinada a centro de negocios, na que as empresas poden manter encontros para ampliar o seu mercado.

Redes sociais

Multimedia