Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A Xunta promociona os produtos co selo Galicia Calidade no Campionato de Europa de Vela Xacobeo 6 MR
15/09/2021.

A Xunta promociona os produtos co selo Galicia Calidade no Campionato de Europa de Vela Xacobeo 6 MR

A Xunta de Galicia colabora estes días no Campionato de Europa Xacobeo 6  MR de Vela a través de máis de 20 empresas certificadas por Galicia Calidade, presentes nun espazo de lecer efémero creado no porto deportivo de Sanxenxo (Pontevedra). Así, tanto regatistas e participantes como público en xeral poden degustar ata o vindeiro sábado 18 de setembro diversos produtos avalados con este selo de garantía.

Entre os expositores colaboradores pódense atopar as cervexas de Estrella Galicia; os viños de Finca Míllara e Adega dos Eidos; os xeados de Bico de Xeado e La Central  Heladera; a auga de Cabreiroá; as froitas de Freshcut; as bebidas  espirituosas de  Nor-Ibérica de Bebidas; ou os produtos de  Ingapán.

A maiores, realízanse degustacións de distintas marcas como Rosa de  los  Vientos, CorenTorre de Núñez,  SadeporRianxeira,  Confitería Cerviño, Pementos CarmuchaPazo de  VilaneAvícola de Galicia,  Patatas Conde,  Puerto de Celeiro,  Luis Escurís BatallaAltos de  Torona o Regina Viarum

Este espazo creado por Galicia Calidade ten como obxectivo a promoción dos produtos galegos certificados, polo que todo aquel que se achegue ao porto deportivo de Sanxenxo estes días en horario de mañá pode participar nunha velada gastronómica acompañada tamén con música. Ademais, entre os asistentes faranse diversos sorteos onde se poden obter lotes dos produtos colaboradores.

Redes sociais

Multimedia