Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Terxy presenta en Zaragoza TERFEEL, unha escuma que revoluciona o mundo do descanso
22/01/2016.

Terxy presenta en Zaragoza TERFEEL, unha escuma que revoluciona o mundo do descanso

A empresa galega Terxy presentou na V Feira do Moble de Zaragoza  a escuma TERFEEL, un producto revolucionario no mundo do descanso

Terxy presentou na V Feira do Moble de Zaragoza a nova escuma patentada baixo o nome de Terfeel® e que é revolucionaria no sector do descanso. A firma galega, certificada co selo de Galicia Calidade, acode cun stand baseado na excelencia, a calidade e a ecoloxía, con máis de 300 metros cadrados. 

A Feira do Moble de Zaragoza é un foro imprescindible e unha plataforma para Terxy, que está inmersa nun gran proceso de expansión e crecemento, desde a aposta pola ecoloxía e o descanso premium.

No certame feiral de Zaragoza participan 571 firmas expositoras, con presenza de empresas de todas as comunidades autónomas, cunha superficie de máis de 101.000 metros cadrados, distribuídos en nove pavillóns. Manuel Teruel, presidente da institución feiral, resaltou que "a nova estratexia é facer crecer á feira en sectores acíclicos á economía española". 

Redes sociais

Multimedia