Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A adega de Valdeorras Vinos Barco recibe o certificado que acredita o selo de garantía de Galicia Calidade
09/05/2022.

A adega de Valdeorras Vinos Barco recibe o certificado que acredita o selo de garantía de Galicia Calidade

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, destaca a aposta pola excelencia desta cooperativa, que ten unha capacidade de produción de dous millóns de botellas ao ano

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, reuniuse hoxe cos responsables da adega Vinos Barco nas súas instalacións do Barco de Valdeorras (Ourense) para facerlles entrega da certificación que acredita a posesión do selo de garantía de Galicia Calidade.

Nesta xuntanza a responsable de Galicia Calidade destacou a aposta pola excelencia desta compañía e do conxunto das 150 empresas certificadas que contan co selo de garantía, con máis de 600 produtos e servizos certificados de 150 empresas, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.

A marca Vinos Barco, antes coñecida como Jesús Nazareno, é a Cooperativa do Barco de Valdeorras, que naceu en 1958 e fixo a primeira colleita no ano 1962.  Vinos Barco, que está fortemente comprometida co cambio climático e coa sustentabilidade, conta na actualidade con máis de 300 socios e unhas 250 hectáreas de viñedo, alcanzando unha capacidade de produción de dous millóns de botellas.


Redes sociais

Multimedia