Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A ADEGA RUCHEL AMPLÍA AS SÚAS INSTALACIÓNS CUNHA INVERSIÓN DE MÁIS DE 432.000 EUROS
28/07/2011.

A ADEGA RUCHEL AMPLÍA AS SÚAS INSTALACIÓNS CUNHA INVERSIÓN DE MÁIS DE 432.000 EUROS

O xerente de Galicia Calidade asistiu á inauguración da mesma, situada no concello de Vilamartín de Valdeorras

O xerente de Galicia Calidade asistiu en Vilamartín de Valdeorras (Ourense) á inauguración da ampliación das instalacións da adega Ruchel, que conta cos seus caldos amparados pola marca de garantía; acto no que tamén estivo presente o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez e a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería do Medio Rural, Alejandra Álvarez de Mon.

A adega conta, ademais, co selo de garantía Galicia Calidade e os seus caldos foron recoñecidos con diferentes premios, entre eles o de Mellor Viño Branco de Galicia na XXII Cata dos Viños, que organiza anualmente a Consellería do Medio Rural. Nesta inauguración tamén se presentou a colleita 2010 do Ruchel Mencía.

Esta industria da Denominación de Orixe Valdeorras, que produce anualmente uns 125.000 litros de viño, recibiu unha axuda da Xunta de Galicia na anualidade de 2010 para a ampliación das súas instalacións por importe de 151.165 euros, que representa o 35% do investimento total (431.900 euros).

Neste acto, a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais salientou o esforzo realizado por esta adega en particular e polo sector vitivinícola galego en xeral na mellora constante das súas instalacións e dos seus viños, cunha calidade e un prestixio recoñecidos nos diferentes mercados.??Con motivo desta inauguración, presentouse tamén a nova imaxe corporativa desta adega, fundada en 1989 e que actualmente comercializa os seus viños en España e en diferentes mercados exteriores, tanto europeos coma doutros países, caso de Estados Unidos.?As autoridades presentes na inauguración fixeron un percorrido polas instalacións e tiveron a oportunidade de catar os produtos desta adega.

Redes sociais

Multimedia