Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A AGRUPACIÓN DEPORTIVA 'A PINGUELA' CLUBE DE VOLEIBOL RIBEIRA SACRA PROMOCIONARÁ A MARCA GALICIA CALIDADE NAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS NAS QUE PARTICIPE
01/02/2007.

A AGRUPACIÓN DEPORTIVA 'A PINGUELA' CLUBE DE VOLEIBOL RIBEIRA SACRA PROMOCIONARÁ A MARCA GALICIA CALIDADE NAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS NAS QUE PARTICIPE

O Director Xerente de Galicia Calidade,S.A. e o Presidente do clube asinaron hoxe un contrato de publicidade da marca de garantía Galicia Calidade.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2007. - A Agrupación Deportiva "A Pinguela" - Clube Voleibol Ribeira Sacra difundirá a marca Galicia Calidade nas competicións deportivas nas que participe. Así o establece o contrato de publicidade que asinaron hoxe o Director Xerente de Galicia Calidade, S.A., Xabier Ignacio Louzao e o Presidente da Agrupación Deportiva "A Pinguela", José Ramón Martínez Mareque, acto ao que tamen asistiu o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez Díaz.

En virtude deste contrato, Galicia Calidade, S.A. será patrocinador publicitario do Clube para a difusión do logotipo da sociedade nos campionatos nos que compita a nivel galego e estatal, a Agrupación Deportiva "A Pinguela" comprométese a difundir a participación de Galicia Calidade, S.A. en todas as actuacións do Clube feminimo de voleibol Ribeira Sacra.

A creación, produción e execución da publicidade correrá a cargo da Agrupación, ao que, en contraprestación, Galicia Calidade achegará a cantidade de 15.000,00 euros. O contrato, que contempla ademais a obriga por parte da Agrupación de establecer como lingua de comunicación con Galicia Calidade o galego, así como a potenciar o seu uso entre o persoal da Agrupación, terá unha duración dun ano, estenderase ata o 31 de xaneiro do 2.008.

Redes sociais

Multimedia