Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA ESTARÁ PRESENTE EN INHORGENTA EUROPE 2013
13/02/2013.

A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA ESTARÁ PRESENTE EN INHORGENTA EUROPE 2013

Ardentia, Fink Orfebres, Orfega e Piropo Joyas estarán presentes no espazo da marca de garantía  

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade contará cun stand na vindeira edición da feira internacional do sector da xoiaría Inhorgenta Europe 2013, que se celebrará na cidade alemana de Munich do 22 ao 25 de febreiro. Dentro do espazo exporán as súas novas coleccións así como os produtos destacados catro das empresas amparadas polo selo de garantía autonómico, como son Ardentia, Fink Orfebres, Orfega e Piropo Joyas.

O departamento autonómico, dirixido por Francisco Conde, asinou no ano 2010 un convenio de colaboración entre a propia consellería e o Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia polo que se sentaban as bases para o amparo das coleccións que cumpriran uns requisitos determinados por parte de Galicia Calidade. Froito deste acordo foi como se procedeu á certificación de varias coleccións de Óscar Rodríguez Joyeros, Ardentía e Fink Orfebres, nun primeiro momento, e de Orfega, Unión Joyera de Bergondo e Piropo Joyas, recentemente.

Este convenio xa foi presentado na pasada edición do salón de Iberjoya Madrid, onde se contou con gran aceptación polas empresas e profesionais do sector, que valoraron moi positivamente o feito de que a marca de garantía, con gran recoñecemento no resto de España como a nivel internacional, certificase os produtos da xoiaría galega, de gran tradición e calidade ao longo da historia.

Feira de recoñecido prestixio

Inhorgenta Europe 2013, o Salón Internacional da Reloxería, Xoairía, Pedras Preciosas, Perlas e Tecnología, é a feira líder do sector en Europa e unha das máis prestixiosas do mundo, na que se mostran as últimas novidades, tendencia e innovacións relacionadas co mesmo.

Inhorgenta Europe 2013 celebrará este ano a súa cuadraxésima edición, nas que se ten convertido na feira máis importante a nivel europeo, de aí que este evento nos mostre as mellores empresas e profesionais do sector, sendo para eles unha feira de obrigada asistencia. Na feira encontraremos os siguientes sectores representados: Reloxos, con 99 expositores; xoiaría e accesorios, con 630 expositores; perlas e accesorios, con 50 expositores; pratería, con 12 expositores; apoio de ventas, con 26 expositores; fabricación e equipos técnicos, máquinas, e accesorios; e pedras preciosas, con 144 expositores. 

Redes sociais

Multimedia