Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA INCORPORA OS PRODUTOS DE TRES ADEGAS Á MARCA DE GARANTÍA GALICIA CALIDADE
05/03/2013.

A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA INCORPORA OS PRODUTOS DE TRES ADEGAS Á MARCA DE GARANTÍA GALICIA CALIDADE

Dúas das adegas pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e a terceira restante á D.O. da Ribeira Sacra

A Consellería de Economía e Industria incorporou os produtos de tres adegas galegas de recoñecido prestixio á marca de garantía de Galicia Calidade. Logo de superaren as auditorías pertinentes, a sociedade pública certificará os caldos destas tres marcas, pertencentes ao grupo empresarial HGA Bodegas y Viñedos de Altura, que poderán empregar o distintivo do selo autonómico para a comercialización dos seus viños.

As tres adegas que recibiron o certificado de uso da marca de garantía son Adegas Tollodouro, S.A., para os seus viños amparados pola D.O. Rías Baixas comercializados coas marcas “Altos de Torona”, “Albanta”, “Ponte Tamuxe”, “Torres de Ermelo”, “Brigantia”, “Tollodouro”, “Pontellón”, “Terra de Bruxas”, “Capela de Axis”.

A segunda adega é Bodegas Pazo de Villarei, S.L., para os seus viños amparados pola D.O. Rías Baixas comercializados coas marcas “Pazo de Villarei”, “Villarei”, “Abadía do Seixo”, “Viña Xunqueira”.

Por último, Regina Viarum, S.L., para os seus viños amparados pola D.O. Ribeira Sacra comercializados coas marcas “Regina Viarum”, “Regina Viarum (Godello e Ecolóxico), “Regina Expresión”, “Vía Imperial”, “Vía Appia”.

En concreto, trátase de tres adegas situadas dúas delas na Denominación de Orixe Rías Baixas, nas zonas do Rosal e de Meis, e a terceira restante situada na Denominación de Orixe da Ribeira Sacra. Estamos a falar de tres marcas de recoñecido prestixio e con moita presenza tanto nos mercados galegos como no resto de España e a nivel internacional.

Máis de 260 produtos amparados

Con esta incorporación Galicia Calidade conta na actualidade con 49 empresas amparadas e máis de 260 produtos e servizos certificados, onde predomina o sector da alimentación. Ademais, dentro do sector vitivinícola, a marca de garantía contará con adegas das cinco Denominacións de Orixe, e cun total de sete empresas certificadas: Adega dos Eidos, Castro Baroña e Vilarvín, de Rías Baixas; Bodegas Nairoa, do Ribeiro; Bodegas Ruchel, de Valdeorras: Gargalo de Monterrei;  que se suman ás recentes incorporacións.

Poden consultar máis información sobre as empresas amparadas a Galicia Calidade visitanto a web www.galiciacalidade.es

Redes sociais

Multimedia