Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A MARCA GALICIA CALIDADE CONTARÁ CUN PLANO ESTRATÉXICO PARA OS ANOS 2007 - 2010
22/12/2006.

A MARCA GALICIA CALIDADE CONTARÁ CUN PLANO ESTRATÉXICO PARA OS ANOS 2007 - 2010

Santiago de Compostela.- A Consellaría de Innovación e Industria presentará ás empresas licenciatarias da marca o día 11 de xaneiro o Avance do PLANO ESTRATÉXICO da Sociedade Galicia Calidade, unha ferramenta que contribuirá activamente aos obxectivos da Sociedade.


As empresas, as institucións, as marcas, os produtos,..., requiren estar en constante proceso de innovación se queren manter os seus valores e fortalezas, e se queren sobrevivir nos exixentes mercados actuais.

Galicia Calidade non pode ser allea a esta necesidade, o cal levounos ó equipo xestor, a facer unha profunda reflexión sobre cáles son as fortalezas do organismo, e sobre cómo enfocar e desenvolver o necesario proceso de innovación que a institución requiría.

A nosa primeira actuación foi reformular o noso logotipo, a "marca Galicia Calidade", respectando a súa esencia, pero adaptándoa a uns criterios de comunicación e deseño actuais e modernos, que respondan as novas esixencias das empresas. Así mesmo, o novo logotipo, ten o fin de ser o símbolo que reflexa, de cara a todos os axentes implicados, o nova formulación estratéxica e de xestión que agora preséntase : O Plano Estratéxico 2007-2010.

Baixo estas cuestións e compromisos, o Plano Estratéxico desenvólvese co fin de acadar os seguintes obxectivos:
• Definir a Misión de Galicia Calidade como institución, e as Ideas-Forza que deben guiar a súa estratexia e xestión nos vindeiros anos

• Identificar,analizar e valorar qué variables externas e internas poden condicionar, e en qué medida, o cumprimento da Misión de Galicia Calidade

• Definir as liñas estratéxicas e as directrices que permitirán traballar na Misión establecida

• Desenvolver un Plano Estratéxico que nos permita pasar dun traballo de anos anteriores, feito cun "enfoque marca" a un novo "enfoque cliente", tanto nas accións como na filosofía de traballo

• Establecer os fundamentos de traballo e os Planos de Acción, que permitirán levar a referida estratexia, á nosa xestión diaria

A nosa Misión é distinguir, pola súa calidade diferenciada, pola súa excelencia e pola súa orixe Galega, ás empresas e aos produtos Galegos e promovelos para facilitar a súa penetración e posicionamento en todos os mercados, e especialmente no galego, apoiando a posta en valor do conxunto de Galiza.

Redes sociais

Multimedia