Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Adegas certificadas por Galicia Calidade participan este mes de xuño nas VIII Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia
02/05/2019.

Adegas certificadas por Galicia Calidade participan este mes de xuño nas VIII Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

A VIII edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, impulsadas pola Consellería de Cultura e Turismo a través de Turismo de Galicia, invitan a realizar o vindeiro mes de xuño unha viaxe en torno á vide e ao viño, en calquera das cinco Rutas dos Viños de Galicia. 

Durante as fins de semana do 7, 8 e 9 e do 14, 15 e 16 de xuño os participantes poderán facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción. Todas terán as súas portas abertas durante a fin de semana da campaña (consultar horarios de visitas guiadas na web da iniciativa). Ao finalizar a visita terá lugar unha degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras. Na iniciativa tamén participan restaurantes onde escoller entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión maridados con viños da Denominación de Orixe da visita escollida. 

En cada Ruta inclúese ademais un programa especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño, etc.

Oito adegas certificadas por Galicia Calidade participan na iniciativa

Un total de 8 adegas que contan co selo Galicia Calidade participan nas Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Segundo a Denominación de Orixe, participan na iniciativa as adegas da D.O. Rías Baixas Altos de ToronaPaco y LolaAdega Eidos y Señorío de  Rubiós; de la D.O. Monterrei se podrá visitar la bodega Gargalo; de la D.O. Ribeira Sacra participarán Regina Viarum Vía Romana y de la D.O. Valdeorras la Adega A Coroa.

A páxina web da iniciativa, www.xornadasrutasvinosgalicia2019.com, inclúe información das visitas e datas e das xornadas.

Redes sociais

Multimedia