Inicio / NOVAS / Notas de prensa / AENOR AVALA A EFICACIA DE GALICIA CALIDADE NA XESTIÓN E CONCESIÓN DO SELO DE GARANTÍA
21/10/2013.

AENOR AVALA A EFICACIA DE GALICIA CALIDADE NA XESTIÓN E CONCESIÓN DO SELO DE GARANTÍA

A Asociación Española de Normalización e Control renovou ao organismo dependente de Economía e Industria a certificación ISO 9001:2008

O director de Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) en Galicia, Martín Pita, entregou ao xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, a renovación da certificación ISO 9001:2008, que avala o sistema de concesion de licenzas de uso da marca de garantía de Galicia Calidade.

As auditorías realizadas por Aenor determinaron a conformidade co sistema de xestión de Galicia Calidade, a súa capacidade para cumprir os requisitos legais, regulamentarios e contractuais aplicables e tamén avalía a súa eficacia para cumprir cos seus obxectivos.

Para Galicia Calidade a concesión da ISO 9001 por terceira vez supón un premio ao seu traballo diario na certificación dos mellores produtos e servizos galegos, distinguíndoos pola súa procedencia e tamén pola súa calidade contrastada. Na actualidade a marca de garantía conta con máis de 50 empresas e máis de 250 produtos e servizos, e con varias solicitudes en proceso de certificación que se levarán a cabo nos vindeiros meses.

Internacionalización
Un dos piares sobre os que se fundamenta a sociedade pública e o apoio ás empresas certificadas na súa internacionalización e na procura de novos mercados. Así entre as actividades que realiza Galicia Calidade destaca a promoción tanto do selo de garantía como tamén dos produtos e servizos certificados, ben sexa a través de feiras, patrocinio de eventos, salóns profesionais ou calquera evento que poida ser de interese para as empresas amparadas.

Así nos últimos meses Galicia Calidade ten participado en encontros profesionais tan importantes como o Salón Gourmets e o Salón Iberjoya en Madrid, Termatalia en Ourense e outros eventos de relevancia.

Redes sociais

Multimedia