Inicio / NOVAS / Notas de prensa / AEROPORTO DE BARAJAS
27/07/2011.

AEROPORTO DE BARAJAS

Os usuarios da T1 de Barajas poderán degustar algúns dos produtos amparados pola marca de garantía

Galicia Calidade chegou a un acordo de colaboración co Grupo Medas para a promoción da marca de garantía nos establecementos hosteleiros da Terminal 1 de Barajas. En concreto, nesta acción promocional a Sociedade Pública dependente da Consellería de Economía e Industria acompañará á empresa Ingapán, que conta na actualidade con 12 produtos amparados, comercializados coas marcas “Kentes” e “Chousa”.

Así, os usuarios da Terminal poderán degustar os mellores produtos da empresa lucense e co aval e a garantía que lle confire o acompañamento do selo de Galicia Calidade. Esta acción prolongarase ata o próximo mes de setembro e encádrase nos obxectivos da marca de dar a coñecer a súa imaxe corporativa á par que os produtos asocidados á mesma.

O grupo Medas está realizando nos últimos meses varias campañas de promoción das Comunidades Autónomas nos establecementos hostaleiros do Aeroporto de Baraxas, e outros puntos de España, polo que solicitou a presencia da marca de garantía Galicia Calidade como o mellor aval para realizar a promoción galega. Ademais, tamén quixo contar con produtos amparados pola marca de garantía, sabedores da calidade dos mesmos e da confianza que lle aporta o feito de estar certficados, despois de pasar exhaustivos controis e auditorías, pola Xunta de Galicia.

Redes sociais

Multimedia