Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Ardentia inaugura a súa primeira tenda propia en A Coruña
14/02/2019.

Ardentia inaugura a súa primeira tenda propia en A Coruña

Ardentia abre en A Coruña a súa primeira tenda física exclusivamente adicada á súa marca

Ardentia, marca de carácter artesanal que desde hai 30 anos traballa orientada ao deseño e elaboración de coleccións de xoiería en prata, aposta por achegarse aos seus clientes finais e abre a súa primeira tenda física exclusivamente dedicada á súa marca. 

A tenda, situada na rúa Estreita de San Andrés de A Coruña, contará con todas as coleccións e toda a experiencia de Ardentia a disposición dos seus clientes, que poderán probar e sentir todas as pezas nun espazo único e recibir un asesoramento persoalizado

Un dos obxectivos de Ardentia neste novo espazo é achegarse aos seus clientes finais, como o fixeron a través da participación en feiras ou no seu pop up no Centro Comercial de Marineda City, ademais de crecer e evolucionar como marca. 

En paralelo, Ardentia continuará traballando cos seus clientes profesionais de A Coruña que apostan polas súas coleccións e a través da súa tenda online.

Redes sociais

Multimedia