Inicio / NOVAS / Notas de prensa / AS EMPRESAS AHDERIDAS A GALICIA CALIDADE GALLEGO PEREIRA, INGAPÁN, MARISCOS LINAMAR E PAQUITO S.L ESTARÁN PRESENTES EN CONXEMAR
27/09/2010.

AS EMPRESAS AHDERIDAS A GALICIA CALIDADE GALLEGO PEREIRA, INGAPÁN, MARISCOS LINAMAR E PAQUITO S.L ESTARÁN PRESENTES EN CONXEMAR

O evento que celebra a súa duodécima edición conta con 252 empresas asociadas e máis de 550 expositores

A Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Transformadores y Exportadores de Productos de la Pesca y Acuicultura celebra en Vigo dende o 5 ao 7 de outubro a duodécima edición de Conxemar, a Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados. O evento contará con catro empresas adheridas a Galicia Calidade que son Gallego Pereira, Mariscos Linamar, Ingapán e paquito S.L.

Conxemar é unha asociación que conta na actualidade con 252 asociados e que ten por obxectivo principal representar e defender os intereses dos seus asociados e do sector no ámbito europeo, nacional e autonómico. A asociación é membro de pleno dereito do Comité Consultivo de Pesca español e tamén das asociación profesionais AIPCE/CEP (Asociación Europea de Procesadores e Comercialización de Peixe), a CEDE (Confederación Española de Organizacións Empresariais) e a FIAB (Federación Española de Industrias da Alimentación e Bebidas).

A feira, de carácter internacional, está orientada ao ámbito profesional recollendo nela a representación dos seguintes sectores: maioristas, importadores, exportadores, transformadores, fabricantes, distribuidores, frigoríficos, maquinaria, industria auxiliar (frío, embalaxes plásticos, etc..), agricultura. Neste senso, hai que destacar que o evento conte xa con 550 expositores confirmados.

Galicia Calidade
A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, estará representada neste evento sectorial grazas á presenza de catro empresas asociadas que se ubicarán no recinto feiral. En concreto, as empresas que terán presenza en Conxemar son: Gallego Pereira, Ingapán, Paquito S.L. e Mariscos Linamar.

Gallego Pereira é unha empresa dedicada á conxelación e comercialización de polbo das Rías Galegas dende máis de dúas décadas. Sita nunha nave dun pobo da coñecida “Costa da Morte”, no concello coruñés de Camariñas, chamado Ponte do Porto, compra polbo fresco do día nas lonxas de Galicia, pescado a través da pesca extractiva no Atlántico Nordés (Zona FAO-27) e transportado ata o almacén en camións propios con refrixeración. Empresa veterana e especializada no polbo, segue intentando abrirse máis no mercado elaborando unha nova maneira de ofrecelo ademais que conxelado en bolsa: polbo cocido, envasado ao baleiro en cazolas de barro.

Ingapan S.L. é unha empresa de Lugo dedicada á elaboración de masas conxeladas, especializada en empanadas galegas, que ten as súas raíces no ano 1.959. A misión da empresa é a de satisfacer as necesidades dos clientes dende a calidade e o bo facer, transmitido de xeración en xeración. A firma conta cunha rede de tendas propias "Don León" e unha franquicia "Dona Vaniri" que comercializan produtos da empresa.

Mariscos Linamar, empresa afincada en Cambados, nace no ano 1998 co obxectivo de distribuír mariscos das Rías Galegas ao mercado nacinal e exterior sempre primando as directrices do servizo e calidade. Comezou a súa andadura como mera empresa comercializadora ata que adquiriu as súas propias instalacións onde poder realizar a totalidade do proceso produtivo: dende a depuración até o envasado. A empresa conta cos mellores profesionais do sector, xente coñecedora do produto e do mercado, xente na que os clientes poden depositar a súa confinaza.

Paquito S.L. foise abrindo un oco no mercado ata chegar a consolidarse na actualidade como unha das empresas con máis capacidade de desenvolvemento e modernización dentro do competitivo sector das conservas e ultraconxelados. A consolidación da súa proxección nos mercados internacionais e a introdución de novas liñas de pratos cociñados, precociñados e fritos, son algunhas das metas que Paquito S.L. se planteou atinxir a curto e medio prazo.

Redes sociais

Multimedia