Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A adega Paco & Lola estreará en Semana Santa a súa nova experiencia enoturística na que unirá viño e conservas gourmet
15/04/2019.

A adega Paco & Lola estreará en Semana Santa a súa nova experiencia enoturística na que unirá viño e conservas gourmet

A adega Paco & Lola organiza en Semana Santa unha visita guiada perfecta  para  aqueles que queiran coñecer un pouco máis sobre as Rías Baixas e o proceso de elaboración dos seus viños. A cita terá lugar de luns a venres ás 13.00 horas.

Os  visitantes  terán  a  oportunidade  de coñecer as súas instalacións, desde a zona de vendima, área de recepción da uva, ata a súa moderna sala de cubas, incluíndo a zona de embotellado. Ao  rematar  o  percorrido  poderán  gozar dunha maridaxe perfecta entre os viños da adega e as conservas gourmet da zona do Salnés. 

As  entradas  son  limitadas e pódense conseguir a través da tenda online (www.pacolola.com), reservando no número de teléfono 986.747.779 ou na dirección de correo electrónico enoturismo@pacolola.com.

As visitas terán unha duración aproximada de 90 minutos e un prezo de 15€ por persoa.

Redes sociais

Multimedia