Inicio / NOVAS / Notas de prensa / CALIDADE GALEGA E DESCANDO SAUDABLE PROTAGONISTAS EN ZARAGOZA
24/01/2014.

CALIDADE GALEGA E DESCANDO SAUDABLE PROTAGONISTAS EN ZARAGOZA

Terxy inaugurou o seu stand na IV Feira do Moble de Zaragaoza con todas as súas novidades no pavillón nº6. A caseta é unha percorrido polas estancias dun acolledor fogar, cuxa parte central é un bosque no que as árbores, a natureza e o descanso máis natural e ecolóxico transportan ao cliente. 

Terxy comezou hoxe a súa participación na IV Feira do Moble de Zaragoza. Un certame ao que a marca galega certificada co selo de Galicia Calidade, acode cunha caseta baseada na excelencia e na calidade. O certame, é un foro imprescindible e  unha plataforma de lanzamento de todo o sector. En total, 496 expositores que ocupan unha superficie de máis de 92.000 metros cadrados. A inauguración, estivo capitaneada polo alcalde de Zaragoza, Juan Alberto Belloch e representantes de diversas institucións aragonesas e de Comunidades con especial peso no certame, como é o caso de Murcia, que estará representado polo seu conselleiro de Industria, Empresa e Innovación, José Ballesta.

Aposta pola internacionalización

Terxy, inmersa no proceso de internacionalización, participa no programa de misións comerciais mantendo reunións con delegacións Arabia Saudita, Alxeria, Marrocos e Rusia.

Galicia Calidade como valor en alza

Dentro da exposición, Terxy realzará a súa aposta polos selos de calidade e garantías en descanso. Tras o éxito das anteriores edicións, espérase a visita de miles de persoas nun ano no que *Terxy cumpre 31 anos como empresa e farase fincapé na certificación Galicia Calidade, xa que a marca galega é a única empresa de descanso certificada con esta garantía.

Redes sociais

Multimedia