Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Casa de Cacheiro, primeiro aloxamento rural de España certificado coa Q Sostible
25/06/2020.

Casa de Cacheiro, primeiro aloxamento rural de España certificado coa Q Sostible

Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) distinguiu ao establecemento Casa de Cacheiro de Silleda como o primeiro aloxamento rural de España certificado baixo a norma UNE- ISO 21401:2019 de aloxamento sostible.

Obter a Marca Q fronte á Norma UNE- ISO 21401 garante a implementación, mantemento e mellora continua dun sistema de xestión enfocado a ser cada vez máis sostible.

Coa certificación, Casa de Cacheiro ve recoñecida a súa aposta pola sostibilidade, protección do medio ambiente e mellora continua do sistema de xestión de sostibilidade. Algúns dos requisitos esixidos para a obtención da distinción son: dispoñer de empregados comprometidos, unha información documentada, controlada e actualizada, así como unha correcta comunicación entre todos os membros da organización. Ademais, inclúense aquelas cuestións crave que o aloxamento debe ter en conta á hora de avaliar a importancia que teñen as súas actividades, produtos e servizos no desenvolvemento sostible do establecemento.

Un establecemento rural ‘Galicia Calidade’
Falar de Casa de Cacheiro é falar dun referente en turismo rural que conta con 25 anos de historia. Desde a 2007 conta co respaldo da marca de garantía de Galicia, converténdose na primeira empresa da comarca do Deza en recibir esta distinción.

Redes sociais

Multimedia