Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Celebración de xornadas formativas en Ecommerce para empresas certificadas por Galicia Calidade
18/10/2019.

Celebración de xornadas formativas en Ecommerce para empresas certificadas por Galicia Calidade

Galicia Calidade acolleu esta semana unhas xornadas formativas en Ecommerce para todas as empresas que contan con certificado #GaliciaCalidade. As xornadas ofreceron dous días de formación nos que as empresas participantes adquiriron coñecementos sobre competencias tan relevantes na actualidade como o marketing dixital ou a compra e venta a través de Internet.

Na formación do primeiro día, impartida polos profesionais de Retail Commerce, especialistas en solucións tecnolóxicas para a xestión de empresas, os participantes aprenderon cómo vender, cobrar e enviar productos a través de Internet. Na formación sobre Marketing, impartida por Retail Commerce e Dimensiona, os asistentes afondaron nas estratexias de mercadotecnia por Internet, publicidade online, posicionamento web ou a elaboración de plans de marketing.

Numerosas empresas con certificado Galicia Calidade acudiron ás xornadas e disfrutaron destes talleres especializados: BandaluxCelticEstoresVertifilVía RomanaTerriñaPaco & LolaTerxyBiomasa Forestal e os establecementos Casa de Cacheiro e Hotel Louxo La Toja.

Redes sociais

Multimedia