Inicio / NOVAS / Notas de prensa / COREN PRESENTA O XAMÓN SELECTA DE PORCO ALIMENTADO CON CASTAÑAS, CERTIFICADO POR GALICIA CALIDADE
19/09/2013.

COREN PRESENTA O XAMÓN SELECTA DE PORCO ALIMENTADO CON CASTAÑAS, CERTIFICADO POR GALICIA CALIDADE

O presidente da Xunta de Galicia visitou as instalacións situadas en Novafrigsa, onde se produce o novo producto presentado

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que o Goberno galego seguirá a apostar polos tres factores chave das empresas galegas: pola calidade no momento da produción, na comercialización do produto e na internacionalización do mercado. “Temos que facer un produto de calidade superior ao resto dos produtos que están no mercado; facer un produto de calidade para comercializalo e, para iso, é necesario innovar e adiantarse ao mercado para crear non só unha oferta senón tamén unha demanda”, aseverou.

Durante o acto de presentación do Xamón Selecta do Grupo Coren, Feijóo asegurou que a Xunta seguirá investindo en transformación, en comercialización e innovación; “e por iso, -destacou a modo de exemplo-, Coren é unha das 290 empresas que ten proxectos de innovación en Galicia financiados con fondos públicos. Estamos a falar de 150 millóns dos fondos públicos para a innovación das empresas galegas”.

“Imos seguir traballando na transformación, na innovación e, por suposto, no terceiro eixo da recuperación económica que é a internacionalización da nosa economía. Buscar novos mercados; exportar é a clave das empresas que queren permanecer no futuro”, insistiu.

Durante a súa intervención, o responsable do executivo autonómico resaltou que “estamos iniciando a recuperación económica” e como proba diso subliñou que as empresas galegas exportaron no último ano un 19% máis que no ano anterior, “o que significa que estamos exportando o dobre que a media de España, un país que por primeira vez consegue unha balanza positiva entre importacións e exportacións”.

Para o presidente da Xunta, que Galicia exporte o dobre que a media de España é, sen dúbida, un gran indicador das nosas posibilidades: “A nosa balanza comercial xa ten un balance positivo nos nove primeiros meses de máis de 1.800 millóns de euros, é dicir, un 9% máis que todo o ano 2012; e xa son 6.000 empresas as que están exportando en Galicia”.

Logo de salientar, tamén, as oportunidades que se atopan no froito da castaña; “unha oportunidade para que máis de 11.000 hectáreas de bosque galego o poidamos aproveitar producindo castañas”; Feijóo referiuse á empresa galega Coren como un proxecto feito de compromiso e da unión, materiais imprescindibles para levar a bo termo toda empresa en marcha. “Cunha facturación que acada os 1.000 millóns de euros e con máis de 3.500 socios, estamos a falar dun proxecto aderezado cos factores precisos para facela cada vez máis grande: diversificación, busca de novos mercados e aposta pola innovación”, afirmou.

Redes sociais

Multimedia