Inicio / NOVAS / Notas de prensa / CORETI, GALLEGO PEREIRA, INGAPÁN E MARISCOS LINAMAR ESTIVERON PRESENTES EN CONXEMAR
07/10/2011.

CORETI, GALLEGO PEREIRA, INGAPÁN E MARISCOS LINAMAR ESTIVERON PRESENTES EN CONXEMAR

As empresas galegas mostraron aos asistentes os produtos e servizos amparados por Galicia Calidade

As empresas Coreti, Galego Pereira, Ingapán e Mariscos Linamar estiveron presentes na pasada edición de Conxemar, XIII Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, que se celebrou en Vigo do 4 ao 6 de outubro. Durante o evento, os asistentes puideron comprobar de primeira man os produtos amparados por Galicia Calidade do catro empresas asociadas.

Conxemar converteuse nun referente internacional no que se reúnen almacenistas, importadores, exportadores, transformadores, fabricantes, distribuidores, frigoríficos, maquinaria, industria auxiliar (frío, embalaxes, plásticos, etc...), e acuicultura. Un evento que destaca polo seu volume de negocio entre as empresas máis importantes do sector e que se atopa entre o tres máis importantes de Europa no que se refire a produtos conxelados.

A feira contou coa presenza de 520 empresas, de 39 países diferentes que ocuparán 31.500 metros cadrados. Na XIII edición de Conxemar a organización marcouse obxectivos claros como promocionar o consumo de produtos conxelados e derivados da pesca ou mellorar a competitividade das empresas que participan.

As empresas asociadas a Galicia Calidade valoraron positivamente a súa presenza na feira tanto polo volume de negocio realizado así como polos contactos mantidos con empresas distribuidoras dos seus produtos. Tanto Mariscos Linamar, como Ingapán e Galego Pereira realizaron ao longo do tres días diversas degustacións dos seus produtos que non deixaron indiferentes aos asistentes ao IFEVI.

Redes sociais

Multimedia