Inicio / NOVAS / Notas de prensa / A directora de Turismo de Galicia visita o Hotel Bosque Mar con motivo do seu 50 aniversario
29/03/2019.

A directora de Turismo de Galicia visita o Hotel Bosque Mar con motivo do seu 50 aniversario

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe no Grove o Hotel Bosque Mar, co gallo do 50 aniversario da súa apertura e ao que felicitou por abrir camiño a outras moitas empresas do sector ao terse convertido no seu día nun dos pioneiros en recibir a Q de Calidade Turística.

Durante a visita ao hotel, que conta coa garantía Galicia Calidade, agradeceu aos responsables do establecemento a súa aposta pola mellora continua da man da profesionalización sendo esta, dixo, unha das claves que está a propiciar que os viaxeiros queden máis días neste destino das Rías Baixas.

De feito, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), a estadía media en O Grove leva medrando tres anos consecutivos e o ano pasado foi mesmo superior á media galega. Un comportamento que se rexistrou tanto en tempada alta como en tempada media e baixa. Destacado foi tamén o comportamento dos turistas internacionais xa que o número de viaxeiros medrou preto dun 11%.

Redes sociais

Multimedia