20/12/2022.
Eduardo Iglesias, abandeirado do selo Galicia Calidade, primeiro piloto galego en encadear catro citas consecutivas do Dakar
O vicepresidente primeiro e conselleiro de
Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o
secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, mantiveron hoxe un encontro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela co
piloto de motos monfortino
Eduardo Iglesias, que será o primeiro galego en encadear catro citas consecutivas do
Dakar.
Tal e como se salientou na xuntanza, é un
orgullo que Eduardo Iglesias sexa
abandeirado do selo Galicia Calidade reivindicando o
talento do deporte e dos deportistas galegos. O apoio da Xunta, que se canaliza tamén a través da
Secretaría Xeral para o Deporte, supón preto de 21.000 euros, contribuirá a
promocionar Galicia nunha das probas máis duras e máis populares do mundo. O rally Dakar celebrarase en Arabia Saudí do 31 de decembro ao 15 de xaneiro, cun total de 14 etapas. O reto de Iglesias é chegar á meta e mellorar o resultado do pasado ano, cando acabou no posto 76.