Inicio / NOVAS / Notas de prensa / 33 empresas amparadas por Galicia Calidade poñen a disposición dos consumidores os seus produtos a través de tendas online
04/05/2020.

33 empresas amparadas por Galicia Calidade poñen a disposición dos consumidores os seus produtos a través de tendas online

Un total de 33 empresas amparadas por Galicia Calidade contan con tenda virtual para poñer á disposición dos consumidores os seus produtos certificados pola marca de garantía de Galicia.

Estas empresas suman máis de 180 produtos certificados por Galicia Calidade dispoñibles para a compra online e pertencentes a diferentes sectores, como o da alimentación, bebidas, viños, lácteos, xoias e biomasa.

Neste período de confinamento debido á crise sanitaria, resulta máis necesario ca nunca contar cun espazo onde poder manter o contacto cos consumidores e posibilitar as compras de maneira sinxela e segura, recibindo os produtos nos domicilios.

As empresas de alimentación certificadas que contan coa posibilidade de venda online son Torre de Núñez (Lugo), A Pementeira (Padrón), A Rosaleira (O Rosal), Confitería Cerviño (O Carballiño), Ingapan (Lugo), Jamones González (Lugo), Patatas Conde (Xinzo de Limia) e Pementos Carmucha (Padrón). Tamén contan con tenda online as empresas de bebidas Aguas de Cabreiroá (Verín), Aguas de Mondariz (Mondariz) e Estrella Galicia (A Coruña); e as empresas do sector lácteo Feiraco (Ames), queixos Pazo de Anzuxao (Lalín), Quesería Daniberto (Lugo) e Quesos Feijóo (Celanova).

Empresas doutros sectores como o da xoiaría contan tamén con empresas que teñen habilitada a venda virtual como Ardentia (Bergondo) e Fernando Gallego Joyero (Outes), así como a empresa comercializadora de biomasa Biomasa Forestal (As Pontes). 

Por sectores, as empresas do sector vitivinícola son as máis numerosas, xa que contan con comercio online as adegas certificadas Adega A Coroa (A Rúa), Adega Eidos (Sanxenxo), Adega Valdés (Vedra), Adegas e Viñedos Paco & Lola (Meaño), Adegas Terra de Asorei (Meis), Altos de Torona (Tomiño), Bodegas Nairoa (Arnoia), Bodegas Ruchel (Vilamartín de Valdeorras), Gargalo (Verín), Regina Viarum (Sober), Señorío de Rubiós (As Neves), Terriña Adegas e Viñedos (Petín), Vía Romana (Chantada), Vilarvin (Crecente) e Viña Costeira (Ribadavia).

Imaxe: tirachardz - Freepik


Redes sociais

Multimedia