Inicio / NOVAS / Notas de prensa / O Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz recibiu a placa distintiva de Galicia Calidade
06/02/2020.

O Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz recibiu a placa distintiva de Galicia Calidade

O Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz recibiu a distinción de Galicia Calidade que distingue aos clubs náuticos de Galicia. O acto oficial de colocación da placa, o primeiro de todos os náuticos galardoados, celebrouse esta mañá e asistiron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, o director técnico de Galicia Calidade, Javier de Miguel, e o presidente do Náutico de Boiro, Manuel Fajardo.

A Xunta de Galicia concedeulle este ano o distintivo de Galicia Calidade a 13 clubs náuticos que superaron os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Unha marca que avala a calidade das instalacións náutico- deportivas de Galicia, que lidera o número de náuticos con Q de Calidade Turística de España.

O Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz recibiu este ano esta distinción e forma parte dos catorce avalados polo selo de Galicia Calidade entre os que están tamén o de Portonovo, Vigo, Portosín, Sada, Ribadeo, Sanxenxo, A Coruña e Ribeira entre outros. Galicia lidera o número de Náuticos con Q de Calidade Turística de España, con seis de cada 10 instalacións certificadas.

Esta distinción é unha marca de garantía que se lle concede a clubs náuticos por primeira vez o pasado ano e que axuda a dalle un valor engadido ás instalacións do Náutico de Boiro e a seguir traballando para seguir medrando. 

Redes sociais

Multimedia