Inicio / NOVAS / Notas de prensa / ÉXITO DE PARTICIPACIÓN DAS EMPRESAS ADHERIAS A GALICIA CALIDADE NA FEIRA DE ALIMENTARIA BARCELONA 2010
13/04/2010.

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN DAS EMPRESAS ADHERIAS A GALICIA CALIDADE NA FEIRA DE ALIMENTARIA BARCELONA 2010

Os asociados puideron acercar os seus produtos a centos de clientes, distribuidores e demais visitantes que pasaron pola Fira durante o evento

Galicia Calidade participou na recén rematada edición da feira de Alimentaria, que neste ano 2010 volveu celebrarse na cidade de Barcelona. Ao longo dos cinco días de duración as empresas adheridas puideron mostrar os seus productos e servizos aos distribuidores, produtores, vendedores e demáis clientes e visitantes que se pasaron pola Fira.

En concreto, Galicia Calidade contou coa participación de 21 empresas que estiveron presentes nos case 90 metros cadrados de stand que a marca de garantía puxo á disposición das mesmas.En case 95.000 metros cadrados de superficie, Alimentaria mostrou as últimas novidades da industria alimentaria a nivel mundial.

Máis de 140.000 profesionais
Alimentaria volveu a ser unha excelente oportunidade para establecer novos contactos, porse ao día sobre as últimas tendencias do mercado, detectar oportunidades de negocio ou mesmo visitar clientes. Segundo datos da propia organización da feira, máis de 140.000 profesionais e un total de 4.000 empresas estiveron presentes na mesma ao longo dos seus cinco días de duración. Estes datos sitúana como a feira de referencia no sector da alimentación en España e como unha das tres máis importantes do mundo.

As empresas participantes, unhas 4.000 firmas procedentes de 75 países, valoraron moi positivamente a gran afluencia de profesionais internacionais, máis de 36.000 persoas procedentes de 155 países, un 9% máis dos previstos inicialmente. Os visitantes estranxeiros supuxeron o 25% do total, o que significa que un de cada catro visitantes tiña procedencia internacional.

Ademáis da internacionalización, se algo definiu esta edición de Alimentaria foi o énfase que se fixo sobre o rol das marcas como intrumento fundamental para a proxección das empresas alimentarias no exterior. A marca, aparece, pois, como a bandeira na necesaria e apremiante internacionalización dunha agroindustria como a española cunha produción de primeiro nivel e calidade recoñecida por todos. Neste senso, Galicia Calidade cobra aquí unha vital importancia, pois un dos seus obxectivos como sociedade pública dependente da Xunta de Galicia é o de ser un paraugas no que os mellores produtos galegos podan acollerse para posicionarse nos mercados internacionais e no resto de España. Unha forma para identificar os produtos galegos que teñen unha calidade diferenciada.

As empresas que asistiron a Alimentaria Barcelona son: Adega Dos Eidos, Aguas De Cabreiroá, Aguas De Mondariz e Fuente Del Val, Avícola De Galicia, Bodegas Ruchel, Customdrinks, Feiraco Lácteos, Gallego Pereira Frigoríficos, Gargalo, Hijos De Rivera, Hornos Sanfiz, Hotel Louxo, Ingapan, Jealsa-Rianxeira, Leche De Galicia, Luis Escuris Batalla, Queixería Cas Leiras, Queserias Castillo De Pambre, Torre De Núñez De Conturiz, Transportes Auto-Radio, e Vilarvín.

Redes sociais

Multimedia