Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade colabora coa Fundación Eduardo Pondal en "Festiletras 2019" para celebrar o Día dás Letras Galegas.
16/05/2019.

Galicia Calidade colabora coa Fundación Eduardo Pondal en "Festiletras 2019" para celebrar o Día dás Letras Galegas.

Galicia Calidade colabora coa Fundación Eduardo Pondal na celebración de Festiletras¸ un festival organizado para celebrar o Día das Letras Galegas, que nesta ocasión homenaxea a Antón Fraguas.

O festival, organizado pola Fundación Eduardo Pondal, alcanza este ano a súa 37ª edición e celébrase en Aldea do Couto, en Ponteceso (A Coruña), cun programa que aúna actividades para pequenos e adultos.

A filosofía de Festiletras baséase en que a cultura non é patrimonio exclusivo das grandes cidades e pretende reivindicar a importancia da lingua galega nos pobos e vilas menos poboadas. Ao longo da semana do 12 ao 19 de maio, escritores, grupos de danza e música tradicional e diferentes artistas danse cita estes días para desenvolver un programa que inclúe recitais, talleres e outros espectáculos. 

Con estas mostras de arte, cultura e coñecemento configúrase, segundo dixo no seu día o soado escritor galego Xosé Neira Vilas, a maior celebración das Letras Galegas en Galicia.

Redes sociais

Multimedia