Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE AMPARA CINCO NOVOS PRODUTOS DE TRES EMPRESAS GALEGAS
11/02/2010.

GALICIA CALIDADE AMPARA CINCO NOVOS PRODUTOS DE TRES EMPRESAS GALEGAS

Nos vindeiros días a marca de garantía incorporará aos novos produtos pertencentes na súa totalidade ao sector agroalimentario

Galicia Calidade incorpora nos vindeiros días a tres novas empresas galegas cun total de cinco novos produtos. En concreto, as tres empresas pertencen ao sector agroalimentario. A primeira delas, que incorpora tres novos produtos, pertence ao sector do marisco. En segundo lugar, unha empresa que pertence ao sector da froita, en concreto do kiwi. E por último, unha empresa do sector da pataca.

Nos vindeiros días Galicia Calidade entregará os certificados de concesión ás tres empresas galegas e coñecerase así a súa identidade. En total, serán xa 36 empresas as que contan con produtos adheridos á marca de garantía, que na actualidade suman xa 114 produtos dos que máis do 90 por cento pertencen ao sector agroalimentario e da pesca.

Redes sociais

Multimedia