Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE ASINA UN CONVENIO CO CORTE INGLÉS PARA CONTAR CUN ESPAZO PARA PROMOCIONAR OS PRODUTOS AMPARADOS POLA MARCA DE GARANTÍA
31/05/2011.

GALICIA CALIDADE ASINA UN CONVENIO CO CORTE INGLÉS PARA CONTAR CUN ESPAZO PARA PROMOCIONAR OS PRODUTOS AMPARADOS POLA MARCA DE GARANTÍA

O selo de garantía destacará este espazo situado dentro do supermercado Hipercor

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, vén de asinar un convenio coa cadena comercial El Corte Inglés para situar os produtos amparados pola marca de garantía nun lugar destacado dentro do seu espazo de comercialización de artigos de alimentación. Esta área reservada aparece claramente destacada co logotipo do selo de garantía onde os consumidores poderán distinguir claramente que se trata dos mellores produtos galegos.

Deste xeito, aquelas marcas amparadas por Galicia Calidade e que vendan os seus produtos nos centros Hipercor contarán cun espazo destacado para que os consumidores os podan adquirir coa tranquilidade e a confianza que lle aporta o selo autonómico, avalado pola Xunta de Galicia.

Con este acordo, Galicia Calidade continúa a promocionar os produtos amparados, neste caso en El Corte Inglés, pero que se suma á realizada a finais do ano pasado en Gadis e a outras que se están a xestionar para o futuro. En épocas de crise como a actual, o apoio institucional para as empresas galegas é primordial e a sociedade de garantía está a traballar para facilitar a comercialización dos seus produtos e servizos.

Redes sociais

Multimedia