Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE CERTIFICA O POLO ALIMENTADO CON MÁIS DUN 65% DE CEREAIS DA MARCA COREN
22/03/2011.

GALICIA CALIDADE CERTIFICA O POLO ALIMENTADO CON MÁIS DUN 65% DE CEREAIS DA MARCA COREN

A empresa ourensá contaba xa con dous produtos amparados, o polo de curral e o pavo galego

Galicia Calidade conta dende hoxe cun produto máis de calidade amparado pola marca de garantía como é o polo alimentado con máis dun 65% de cereais e que a marca Coren leva un tempo xa comercializando en Galicia. Con esta incorporación a empresa ourensá conta con tres produtos amparados, que se suma aos xa certificados polo de curral e pavo galego.

Galicia Calidade certificou cunha auditoría realizada nas instalacións da empresa Cooperativas Orensanas “Coren” que o produto en cuestión cumpría cos pregos de condicións esixidos que a grandes rasgos se poden resumir nos seguintes aspectos: crianza superior a 42 días, alimentación de máis de 65 % de cereais, limitacións nas xantofilas engadidas e nas densidades de produción.

Con esta incorporación son xa 113 produtos os amparados pola marca de garantía pública da Xunta de Galicia dun total de 34 empresas. O sector alimentario suma deste xeito un novo produto amparado que fai que sexa o sector predominante con máis do 90 por cento dos produtos adheridos.

Redes sociais

Multimedia