01/03/2019.
Galicia Calidade certifica a pranta ornamental producida pola Asociación de Viveiristas do Noroeste
Para a certificación destes viveiros
Galicia Calidade impulsou xunto con
Asvinor, a
Fundación Juana de Vega e
Agaexar (Asociación de Empresas de Xardinería) da norma de calidade
“Pranta Ornamental de Galicia”, unha iniciativa pioneira en España e que permitirá diferenciar un produto dunha calidade tan contrastada e recoñecida nos mercados nacionais e internacionais, a pranta ornamental galega.
Esta norma pretende homoxeneizar a pranta producida en distintos viveiros da comunidade, establecendo un catálogo de producións, incluíndo as producións nas bases de construción e arquitectura da paisaxe e establecendo o distintivo “Planta de Galicia”, que irá acompañado da marca Galicia Calidade.
Segundo indicou a propia directora xeral, esta entrega pecha o traballo realizado entre a Consellería e o sector dos últimos dous anos para tratar de establecer os requisitos necesarios para a certificación dun produto dunha calidade recoñecida e valorada polos consumidores. A creación da norma “Pranta Ornamental de Galicia” supón un avance na modernización e internacionalización deste sector.