18/04/2020.
A marca de garantía Galicia Calidade certifica toda a variedade de iogures de Larsa
A marca de leite e produtos lácteos de pastoreo
Larsa, comercializada pola
Corporación Alimentaria Peñasanta, con sede en Outeiro de Rei (Lugo) lanzou esta semana ao mercado os seus
primeiros iogures co distintivo Galicia Calidade.
A marca de garantía galega, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, avala deste xeito a calidade das 40 variedades de iogures cos que conta na actualidade a empresa, envasados na súa planta de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Galicia Calidade suma así novas referencias alimentarias certificadas dun sector, o lácteo, que se considera parte fundamental da economía galega e da tradición agroalimentaria da comunidade. A compañía, que nos últimos anos experimentou un crecemento na recollida e comercialización de leite de pastoreo de máximo nivel e ampliou a súa capacidade de produción na nosa comunidade, potenciando produtos de calidade como o leite Larsa que conta co aval de Galicia Calidade para as súas diferentes variedades dende o ano 2014.
O selo de garantía certifica os produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima e o seu proceso de produción, cumpran os requisitos. Na actualidade Galicia Calidade suma máis de 400 produtos e servizos de máis de 140 empresas galegas.