Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade colabora co Congreso Atlántico de Márketing Dixital Flúor, celebrado en Pontevedra
13/06/2019.

Galicia Calidade colabora co Congreso Atlántico de Márketing Dixital Flúor, celebrado en Pontevedra

Galicia Calidade colabora co congreso especializado en márketing dixital, Congreso Flúor, que ten lugar hoxe e mañá na sede de Afundación en Pontevedra

A iniciativa serve para poñer en común ideas e experiencias para conectar cos clientes no mundo dixital, achegando as ferramentas, técnicas e estratexias dixitais máis eficaces para marcas, empresas e negocios online. Serán dous días de relatorios e mesas redondas con máis de 20 profesionais sobre diferentes áreas de Negocio Dixital, Publicidade Dixital & Branding Social Media, workshops de diferentes temáticas e actividades de networking. 

O congreso está organizado polo Clúster da Comunicación de Galicia, a asociación Markea e Dircom Galicia, e conta co patrocinio da Xunta de Galicia, o Goberno de EspañaAbanca e Galicia Calidade, entre outros.


Os produtos Galicia Calidade, presentes no congreso
Os relatores e participantes ao congreso puideron gozar dun café e petiscos galegos de calidade a través da colaboración de Galicia Calidade nesta iniciativa, que reúne ao talento máis punteiro en España no campo do márketing dixital.

Redes sociais

Multimedia