Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade colabora un ano máis na Triple Corona Illas Atlánticas
09/09/2019.

Galicia Calidade colabora un ano máis na Triple Corona Illas Atlánticas

Galicia Calidade colaborou un ano máis na Triple Corona Illas Atlánticas, que se celebrou o sábado 7 de setembro en augas da Ría de Arousa, unha das probas máis importantes a nivel nacional e internacional dentro do circuíto de natación de augas abertas.

Un total  de 153 nadadores de España, Arxentina, Portugal, México, Venezuela, Australia e Italia participaron na proba este ano.

O nadador Juan Carlos ´ Kimbo`  Vallejo, cun tempo de 02:53:49, impúxose na segunda proba da Triple Corona Illas Atlánticas, cunha distancia de 12 quilómetros. En segunda posición chegou Alberto Taboada Vila (02:55:13). A terceira clasificada e primeira muller foi a biscaíña, Andrea da   Hera (02:57:49). Completou o podio na categoría masculina Manuel Regueiro Picallo (02:57.57). A segunda muller clasificada foi Patricia  Agüera Fernández (03:25:47) e terceira María Fernández  Bagües, (03:31:17).

A organización da proba optou polo percorrido alternativo debido ao vento previsto en  Sálvora con refachos superiores ao 30 km/hora, as fortes correntes na canle da ría de Arousa e a temperatura da auga entre 14 e 15 graos e co obxectivo de garantir a seguridade dos participantes.

A totalidade dos resultados pódese consultar na seguinte ligazón:  https:// championchipnorte. com/resultados/

Redes sociais

Multimedia