Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE CONTINÚA COA PROMOCIÓN DOS SEUS PRODUTOS COA PARTICIPACIÓN NO SALÓN DE GASTRONOMÍA E TURISMO XANTAR
04/02/2009.

GALICIA CALIDADE CONTINÚA COA PROMOCIÓN DOS SEUS PRODUTOS COA PARTICIPACIÓN NO SALÓN DE GASTRONOMÍA E TURISMO XANTAR

A marca de garantía conta cun stand de 64 metros cadrados onde están presentes todas as marcas que contan co selo

Galicia Calidade estará presente dende hoxe e até o vindeiro domingo no Salón de Gastronomía e Turismo de Ourense, Xantar, que se celebra no recinto feiral Expourense. A marca de garantía contará cun stand de 64 metros cadrados onde estarán presentes todas as marcas que contan co selo de garantía.

Hai que destacar que na actualidade, Galicia Calidade conta cun total de 34 empresas e máis de cen produtos amparados , dos que máis do 90 por cento representan ao sector agroalimentario e da pesca. Este feito motiva a nosa presenza nun dos eventos da gastronomía máis importantes en Galicia como é Xantar. Nesta edición, o evento estará adicado á gastronomía arxentina, cun recoñecido prestixio internacionalmente.

Galicia Calidade continúa coa promoción da súa marca de garantía e tamén dos produtos adheridos á mesma. Con asistencia a este evento, comeza a súa participación en feiras ao longo do 2009. Hai que destacar a este respecto que tamén estará presente nun dos eventos gastronómicos máis importantes do Estado español como é o Fórum Gastronómic de Girona, que terá lugar entre o 21 e o 25 de febreiro na cidade catalana.

Durante a duración de Xantar, o stand de Galicia Calidade será visitado por deceas de miles de persoas que tanto a nivel profesional coma visitante coñecerán cales son os produtos que contan co selo de garantía na actualidade así como dispoñer de toda a información necesaria sobre o selo de garantía.

Por outro lado, o vindeiro sábado día 7, ás 18.00 horas, dentro do Salón de Gastronomía e Turismo, terá lugar un obradoiro de cociña realizado exclusivamente con produtos adheridos a Galicia Calidade, que será impartido polo chef do Mesón de Alberto, en Lugo.

Redes sociais

Multimedia