Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE ACHEGA ÁS EMPRESAS DO SECTOR DA XEOTERMIA AS VANTAXES DE CONTAR CON ESTE SELO DE GARANTÍA
04/10/2019.

GALICIA CALIDADE ACHEGA ÁS EMPRESAS DO SECTOR DA XEOTERMIA AS VANTAXES DE CONTAR CON ESTE SELO DE GARANTÍA

A Asociación Cluster da Xeotermia Galega – Acluxega celebrou esta mañá en Santiago a xornada ‘A xeotermia e a calidade’ co fin de promover e informar sobre as vantaxes de contar coa ‘Marca de calidade Acluxega’ amparada por Galicia Calidade. Esta certificación permite dotar ás instalacións de climatización xeotérmica dun distintivo que garante o cumprimento duns estándares que superan os establecidos nas normativas vixentes.

A xornada, dirixida a profesionais do sector xeotérmico, contou coa presenza de Alfonso Cabaleiro, director xerente de Galicia Calidade, que participou na presentación e mesas redondas sobre a marca de garantía galega nas instalacións xeotérmicas.

A marca de garantía distingue dende o ano 2018 as instalacións de enerxía xeotérmica realizadas por empresas galegas integradas en Acluxega que cumpran os máis altos estándares de calidade, garantía, eficiencia e fiabilidade. O obxectivo desta certificación é xerar confianza, seguridade e satisfacción nos clientes e prescriptores sobre este tipo de enerxía, favorecendo o crecemento do sector.

Redes sociais

Multimedia