Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE ENTREGA CINCOCENTOS LITROS DE LEITE AO BANCO DE ALIMENTOS
22/03/2012.

GALICIA CALIDADE ENTREGA CINCOCENTOS LITROS DE LEITE AO BANCO DE ALIMENTOS

Esta iniciativa a través das redes sociais da marca de garantía está a piques de acadar o segundo medio milleiro de litros, que se entregará nos vindeiros días

Galicia Calidade entregou onte no Banco de Alimentos Rías Altas, na súa sede en Santiago de Compostela, cincocentos litros de leite das marcas amparadas Feiraco e President. Esta iniciativa baixo o lema “Comparte Galicia Calidade” levouse a cabo nas redes sociais onde cada vez que unha persoa visitaba a páxina de facebook do selo doaba un litro de leite a esta entidade benéfica. A campaña continúa na actualidade e está previsto que nos vindeiros días se alcance a cifra do millar de seguidores, o que significaría a doazón automática doutros cincocentos litros máis.

O xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, visitou onte as instalacións do Banco de Alimentos Rías Altas, na súa delegación en Santiago de Compostela, acompañado polo seu responsábel, José Pita. Durante este encontro, o encargado do Banco de Alimentos mostrou o seu agradecemento á Sociedade Pública por esta doazón , convidando a repetir esta iniciativa nun futuro. A este respecto sinalou, que na actualidade son moitas as entidades sociais que recorren ao Banco de Alimentos para cubrir as necesidades alimenticias de milleiros de persoas, tanto na Coruña como no resto de Galicia. 

Redes sociais

Multimedia