Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE ENTREGA O CERTIFICADO DE USO DA MARCA Á EMPRESA PONTEVEDRESA CONSERVAS A ROSALEIRA
28/10/2011.

GALICIA CALIDADE ENTREGA O CERTIFICADO DE USO DA MARCA Á EMPRESA PONTEVEDRESA CONSERVAS A ROSALEIRA

A conserveira de O Rosal destaca pola elaboración das súas conservas sen empregar aditivos nin conservantes


O Director-Xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, fixo entrega do certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade á conserveira A Rosaleira. A empresa de O Rosal tense afianzado como un referente na elaboración de vexetais en conserva, destacando a producción de grelos e tomates. Na súa elaboración non emprega nin aditivos nin conservantes, feito que fai que os seus produtos destaquen pola súa calidade e confianza.

Vila fixo entrega do certificado ao xerente do grupo Terras Gauda, Enrique Costas, e o xerente da Rosaleira, Marcos Cid, que estiveron acompañados dos traballadores da empresa de O Rosal. A partir de agora, poderán empregar o distintivo de garantía, avalado pola Xunta, para os seus preparados para revoltos de grelos con: setas, champiñóns, langostinos e anguriñas, comercializados coa marca “A Rosaleira”.

Máis de 70 anos de historia
A historia da Rosaleira remóntase a finais dos anos 30. Fundada co nome de “Conservas Vegetales José Sánchez García” polo que fora alcalde e maestro do Rosal, A Rosaleira foi durante moitos anos a única fábrica de conservas vexetais de Galicia. Nos inicios, a producción centrouse nas conservas de tomate e fritada, así como o mirabel.

Foi no ano 1967 cando se tomou a decisión de producir grelos en conserva. Dende a súa fundación a marca mantívose firme no seu empeño de conservar, da maneira máis natural as hortalizas, froitas e verduras que produce. Coa chegada de Terras Gauda á empresa, garántese a continuidade nese bo facer que nos ten caracterizado durante tantos anos.

Con esta incorporación, Galicia Calidade conta na actualidade con 34 empresas amparadas polo selo de garantía e máis de 115 produtos e servizos, que destacan pola súa calidade e innovación, garantindo a confianza necesaria para o consumidor.

Redes sociais

Multimedia