Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE ESTARÁ PRESENTE NA MOSTRA MULTISECTORIAL DE LUGO
03/10/2008.

GALICIA CALIDADE ESTARÁ PRESENTE NA MOSTRA MULTISECTORIAL DE LUGO

O evento terá lugar entre os días 3 e 6 de outubro no Pazo de Feiras e Exposicións da capital lucense

Galicia Calidade estará presente na Mostra Multisectorial da Provincia de Lugo, que terá lugar entre os días 3 e 6 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense. Con esta acción, o ente adscrito á Consellería de Innovación e Industria continúa coa súa labor de promoción da marca de garantía e dos máis de 130 produtos que ten amparados na actualidade. O xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, asistirá hoxe á súa inauguración.
Durante os catro días de duración do evento, Galicia Calidade contará cun stand de 64 metros cadrados onde os visitantes poderán coñecer de primeira man toda a información relacionada con esta marca de garantía así como polos produtos e empresas amparados pola mesma.

Redes sociais

Multimedia