Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE ESTARÁ PRESENTE NO IV SALÓN DE VIÑOS E LICORES DE CALIDADE DE OURENSE, VINISTERRAE, OS VINDEIROS 27 E 28 DE ABRIL
02/05/2011.

GALICIA CALIDADE ESTARÁ PRESENTE NO IV SALÓN DE VIÑOS E LICORES DE CALIDADE DE OURENSE, VINISTERRAE, OS VINDEIROS 27 E 28 DE ABRIL

Catro adegas que contan con algún dos seus viños adheridos á marca de garantía exporán o seu produto aos milleiros de visitantes

Adega dos Eidos, Bodegas Ruchel, Gargalo e Vilarvín, catro adegas que contan na actualidade con algún viño amparado por Galicia Calidade, exporán as cualidades dos seus caldos aos milleiros de visitantes que durante os vindeiros 27 e 28 de abril se pasarán por Vinisterrae. Con esta, o Salón de Viños e Licores de Calidade de Ourense cumpre a súa cuarta edición, apostando firmemente pola profesionalización da feira e polo seu carácter netamente exportador.

O perfil do expositor de Vinisterrae vai dende as adegas, as cooperativas ou mesmo as embotelladoras de licores ou oruxos con denominacións de calidade. O perfil do visitante deste salón, dado o seu carácter profesional, son os importadores e distribuidores, tanto nacionais como internacionais, de máis de 15 países así como a prensa especializada, que desexe coñecer os mellores viños galegos de calidade.

Con máis de 5.000 metros de exposición, Vinisterrae pretende facilitar a comunicación entre os produtores galegos e os comercializadores do resto do España e tamén internacionais co fin de que acaden acordos comerciais que lles permitan situar os seus viños e licores nos mercados, a través da súa distribución e venda como no canal Horeca. Nesta época cunha coxuntura económica complicada para as empresas un posicionamento idóneo dos produtos para a súa comercialización no exterior amósase fundamental.

Aposta pola calidade
A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade está a apostar decididamente pola calidade dos produtos galegos, e en concreto, polo sector agroalimentario. Hai que reseñar que boa parte dos produtos amparados, máis do 90%, pertence a este sector. En concreto, son cinco os licores que están amparados pola marca da garantía, todos producidos pola empresa Customdrinks e comercializados coa marca “Quenza”.

Centrándonos no viño, Adega dos Eidos conta con tres caldos amparados, comercializados coas marcas “Eidos”, “Veigas” e “Eidos contra a parede”, todos amparados pola Denominación de Orixe Rías Baixas. Bodegas Ruchel conta con dous viños amparados,variedades godello e mencía, ambos os dous comercializados coa marca “Ruchel”, e amparados pola D.O. Valdeorras.

A adega Gargalo, situada no concello ourensán de Verín, conta con seis caldos, amparados pola D.O. Monterrei, e comercializados coas marcas “Terra do Gargalo”, “Terras Rubias” e “Lías Terras Rubias”. Para finalizar, Vilarvín conta cun viño albariño, comercializado coa marca “Valtea” e amparado pola D.O. Rías Baixas.

Todos estes produtos, estarán presentes en Vinisterrae ao longo dos dous días de duración onde os visitantes poderán degustar os mesmos así como obter a información pertinente sobre a súa elaboración ou as condicións de comercialización. Ademais, o Salón ofrece outro tipo de actividades como son as catas, as maridaxes, as conferencias ou mesmo visitas a algunha das adegas participantes.

A adega Castro Baroña, que non estará presente no evento tamén conta na actualidade con tres caldos, de variedade albariño, amparados por Galicia Calidade e comercializados coas marcas “Castro Baroña”, “Lagar do Castelo” e “Monte Louro”.

Ademais, durante o evento todos os produtos que se degusten no mesmo, dende conservas, queixos, augas ou mesmo cervexa, serán aqueles que están amparados na actualidade por Galicia Calidade.

25/04/2011.

Ademais, durante o evento todos os produtos que se degusten no mesmo, dende conservas, queixos, augas ou mesmo cervexa, serán aqueles que están amparados na actualidade por Galicia Calidade

Redes sociais

Multimedia