Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE ESTARÁ PRESENTE NO SALÓN ALIMENTARIA BARCELONA 2012
23/03/2012.

GALICIA CALIDADE ESTARÁ PRESENTE NO SALÓN ALIMENTARIA BARCELONA 2012

Un total de 22 empresas que contan con produtos e servizos amparados pola marca de garantía disporán do seu espazo no evento

Galicia Calidade estará unha edición máis presente no Salón Internacional das Bebidas e Alimentación Alimentaria 2012, que terá lugar entre o 26 e o 29 de marzo na cidade catalana. En total, serán 22 empresas as que estarán presentes nos case 130 metros cadrados de stand que a marca de garantía pon á disposición das mesmas.

En case 95.000 metros cadrados de superficie, Alimentaria mostrará as últimas novidades da industria alimentaria a nivel mundial con arredor de 4.000 empresas participantes e 140.000 compradores. Alimentaria volverá a ser unha excelente oportunidade para establecer novos contactos, porse ao día sobre as últimas tendencias do mercado, detectar oportunidades de negocio ou mesmo visitar clientes. Segundo datos da propia organización da feira, máis do 60% dos expositores da pasada edición mostraron as intencións de saír aos mercados internacionais nun espazo corto de tempo, feito que sitúa este evento como punto de encontro internacional do sector da alimentación.

Actos promocionais

Galicia Calidade contará cun stand modular de case 130 metros cadrados no pavillón 2, que corresponde ao Salón das Autonomías. As empresas que contan con produtos adheridos disporán no mesmo de espazos para realizar as súas reunións, degustacións, ou outro tipo de actos promocionais.

As empresas que asisten a Alimentaria Barcelona son: Adega Dos Eidos,  Aguas De Cabreiroá, Aguas De Mondariz e Fuente Del Val, Bodegas Nairoa, Bodegas Ruchel, Castro Baroña, Customdrinks, Coreti, Feiraco Lácteos, Gallego Pereira Frigoríficos,  Gargalo, Hijos De Rivera, Hornos Sanfiz, Hotel Louxo, Ingapan, Conservas A Rosaleira, Luis Escuris Batalla, Mariscos Linamar, Torre de Núñez, Queixería Cas Leiras,  e Vilarvín.

Esta actividade enmárcase dentro da filosofía de Galicia Calidade, de promocionar a súa marca así como as empresas que contan con produtos adheridos en todo o Estado así como a nivel internacional. Eventos como o de Alimentaria, que conta con milleiros de visitantes durante a feira, son o lugar idóneo para dotar aos produtos amparados pola marca de garantía pública galega dun valor engadido. 

Redes sociais

Multimedia