Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE INCORPORA OS PRODUTOS DE SEIS NOVAS EMPRESAS GALEGAS
19/06/2012.

GALICIA CALIDADE INCORPORA OS PRODUTOS DE SEIS NOVAS EMPRESAS GALEGAS

Dous fabricantes de xoiaría incorporan as súas coleccións logo do acordo de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Colexio de Xoieros

Galicia Calidade vén de aprobar a incorporación dos produtos de seis novas empresas galegas: Alimentos Lácteos, Avícola Tratante, Ardentia, Caracoles do Gallo, Celtic Estores e Óscar Rodríguez Joyeros. Con estas novas adhesións a marca de garantía conta xa con 43 empresas amparadas e un total de 155 produtos e servizos.

Grazas ao acordo de colaboración recentemente firmado entre a Consellería de Economía e Industria e o Colexio de Xoeiros de Galicia prodúcese a entrada, por primeira vez, de dúas empresas do sector da xoiería, Óscar Rodríguez Joyeros e Ardentía . Ademais, está previsto que nos vindeiros meses se incorporen máis coleccións de xoeiros galegos certificando a través do selo de garantía a calidade dos seus produtos.

Por outro lado, tamén se incorpora Celtic Estores, unha empresa da vila pontevedresa de Moraña adicada á produción de estores, toldos, cortinas e persianas. Galicia Calidade tamén realizou a adhesión de Alimentos Lácteos, empresa do sector leiteiro ubicada en Outeiro de Rei.

Para rematar, dous produtos máis foron certificadas co distintivo: os ovos campeiros da empresa Avícola Tratante, ubicada en Lalín; e os caracois da empresa de Cotobade Caracoles do  Gallo. 

Redes sociais

Multimedia