Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE LANZA A CAMPAÑA EXPERIENCIAS GALICIA CALIDADE PARA A PROMOCIÓN DOS PRODUTOS AMPARADOS
15/03/2012.

GALICIA CALIDADE LANZA A CAMPAÑA EXPERIENCIAS GALICIA CALIDADE PARA A PROMOCIÓN DOS PRODUTOS AMPARADOS

Cada mes Galicia Calidade sorteará dúas ceas para 6 persoas preparadas por un chef na súa propia casa e cos mellores produtos certificados polo selo de garantía

Galicia Calidade continúa coa labor de promoción da marca de garantía de Galicia e das marcas que contan con este distintivo. Por este motivo esta semana lanzou a campaña Experiencias Galicia Calidade. Para participar só é preciso ser maior de idade e residente en Galicia e inscribirse na web www.experienciasgaliciacalidade.com.

Entre todas as persoas inscritas sortearanse cada mes dúas ceas para seis comensais, que serán preparadas por un chef profesional no domicilio do afortunado e con produtos certificados por Galicia Calidade. Unha experiencia culinaria inesquecible servida na propia casa, para desfrutar tranquilamente cos máis próximos.

Galicia Calidade persegue con esta iniciativa, dar un paso máis para achegar a marca ao consumidor galego, aproveitando o alcance que permiten as redes sociais. Ao mesmo tempo, estas Experiencias Galicia Calidade son un novo apoio ás empresas que contan con produtos amparados, expondo o valor diferencial que supón contar co selo de calidade de Galicia. O consumidor poderá coñecer de primeira man a súa calidade, unida ás súas aplicacións na cociña.

Galicia Calidade suma esta iniciativa de promoción á súa incursión nas redes sociais, coa intención de adaptarse aos novos tempos e achegarse aos seus consumidores ampliando o alcance da súa comunicación. A campaña estará activa ata finais de ano e os sorteos terán lugar o día 20 de cada mes.

Redes sociais

Multimedia