Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE LANZA UNHA CAMPAÑA PROMOCIONAL DOS PRODUTOS AMPARADOS NOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS VEGALSA
29/07/2011.

GALICIA CALIDADE LANZA UNHA CAMPAÑA PROMOCIONAL DOS PRODUTOS AMPARADOS NOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS VEGALSA

A empresa distribuidora editará un folleto promocional onde aparecerán diferenciados os produtos que contan coa marca de garantía

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, promocionará nos establecementos da distribuidora Vegalsa-Eroski os produtos amparados pola marca de garantía nos seus establecementos comerciais. Con esta iniciativa, estes produtos certificados contarán cun trato preferencial e aparecerán destacados nos andeis dos supermercados e hipermercados. Ademais, Vegalsa editará un folleto de ofertas onde aqueles que conten co distinto “Galicia Calidade” aparecerán diferenciados.

Deste xeito Galicia Caildade continúa co seu obxectivo de colaboración coas empresas asociadas para promocionar os produtos no punto de venda, onde o consumidor decide e polo tanto o lugar máis importante para destacar un produto ou servizo polo feito de contar co certificado de garantía dependente da Xunta de Galicia.

O grupo Vegalsa-Eroski tense consolidado como unha das empresas galegas líderes na distribución alimentaria con máis de 4.300 empregados e unha facturación que supera os 785 millóns de euros. Ao peche do exercicio pasado, Vegalsa conta cunha rede comercial formada por 233 puntos de venda que operan baixo as enseñas Eroski Center, Eroski City, Familia, Cash Record e Aliprox.

Hai que lembrar, que fai uns meses Galicia Calidade tamén contou con colaboracións coa empresa Gadisa, unha iniciativa coa que se chegou a milleiros de persoas e que se pretende complementar coa que se vai levar a cabo nos vindeiros días con Vegalsa.

Redes sociais

Multimedia