Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade colabora un ano máis coa Liga Galega de Traiñeiras
16/07/2020.

Galicia Calidade colabora un ano máis coa Liga Galega de Traiñeiras

Esta fin de semana dará comezo a Liga Galega de Traiñeiras 2020, que conta coa colaboración de Galicia Calidade. A competición, que dará o pistoletazo de saída no Porto de Cabo de Cruz de Boiro, rematará o vindeiro 30 de agosto co clásico Teresa Herrera de A Coruña.

Durante as fins de semana de xullo e agosto, 22 clubes galegos competirán por gañar esta competición, que este ano conta con medidas medidas de seguridade e hixiene para garantir unha competición segura para todos e todas. 

Na competición deste ano a Liga A estará composta polos clubes Samertolameu, Tirán, Bueu, Mecos, Vilaxoán, Rianxo, Cabo da Cruz, Muros, Esteirana e Mera, que competirán nun total de 11 probas.

Pola súa banda, a Liga B estará composta polos equipos de Chapela, Cesantes, Pobra, Narón, Castropol e Perillo, que se enfrontarán nun total de 8 probas.

Na Liga Feminina, os clubes participantes este ano serán o Samertolameu de Meira, Tirán de Moaña, Rianxo, Cabo da Cruz, Chapela e Perillo, que se enfrontarán nun total de 7 regatas.

A totalidade das probas da liga e o calendario pódese consultar na páxina web oficial da Liga Galega de Traiñeiras.

A aposta de Galicia Calidade polo deporte galego
Galicia Calidade aposta unha vez máis por apoiar o deporte galego en xeral e respaldar de novo as traiñeiras galegas, logo de patrocinar o pasado ano a Liga Galega de Traiñeiras Feminina.

Redes sociais

Multimedia