Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade mostra as xoias dos artesáns galegos amparados co selo de garantía
30/04/2019.

Galicia Calidade mostra as xoias dos artesáns galegos amparados co selo de garantía

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, e o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia exporán dende hoxe e até o vindeiro domingo as xoias de seis artesáns galegos certificados polo selo de garantía. O xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e o presidente do Colexio de Xoiaría, Óscar Rodríguez, inauguraron hoxe a mostra. 

As empresas ArdentiaFernando Gallego Xoieiro ArtesánKatuxa PlateroOscar Rodríguez JoyerosOrfega e Unión Joyera de Bergondo que, dende o ano 2012, están amparadas pola Marca de Garantía Galicia Calidade, farán unha presentación dalgunhas das súas mellores pezas no Mercado La Galiciana, en Santiago de Compostela.

Este selo de calidade certificada que só se otorga aos artesáns que superan os controis esixidos, como o de deseño e fabricación en Galicia, co seu centro de produción en Galicia, con materias primas de alta calidade e uns acabados impecables nas xoias.

A mostra, que estará aberta ao público, de forma gratuíta, contará con persoal para informar e detallar a labor dos artesáns e orfebres participantes. Tamén haberá un concurso para todos aqueles visitantes que participen deixando os seus datos nunha urna. Os premios serán 1 noite de hotel para 2 persoas a escoller nalgún dos hoteis certificados por Galicia Calidade, e 1 menú degustación para 2 persoas a escoller nalgún dos establecementos certificados por Galicia Calidade.

Así  mesmo, nos perfís de RRSS de Galicia Calidade, haberá unha campaña baixo o lema ¨Miña nai é unha xoia¨, promovendo que se regale nese sinalado día xoias Galicia Calidade. 

Redes sociais

Multimedia