Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Galicia Calidade participa na iniciativa ‘Estrellas Solidarias En El Camino de Santiago’
16/04/2019.

Galicia Calidade participa na iniciativa ‘Estrellas Solidarias En El Camino de Santiago’

O Restaurante Casa Barqueiro de Negreira reuniu hoxe no seu evento solidario ‘Estrellas Solidarias en el Camino de Santiago’ a cociñeiros con 29 Estrellas Michelín. A iniciativa, organizada en favor da Asociación Anxiños combinou espectáculos musicais e gastronomía, nunha cita na que estiveron presentes os produtos certificados por Galicia Calidade.

Entre os cociñeiros que se deron cita no evento, Juan Mari Arzak, Martín Berasategui, os irmáns Torres, Eneko Atxa, Paco Roncero, Nacho Manzano ou Pedro Morán.

As 13.00 horas tivo lugar un aperitivo no que estiveron presentes unha selección de produtos certificados pola marca de garantía galega. O sumiller Oscar Quintana presentou aos convidados os viños das 15 adegas certificadas por Galicia Calidade: Adega A CoroaAdega dos EidosAdega ValdésAdegas e Viñedos Paco & LolaAdegas Terra de AsoreiAltos de ToronaBodegas NairoaBodegas RuchelGargaloQuinta do BubleRegina ViarumSeñorío de Rubiós, Terriña Adegas e Viñedos, Vía Romana y Vilarvín.

Pola súa banda, a degustación Galicia Calidade incluiu propostas gastronómicas elaboradas con produtos certificados das empresas Rosa de los Vientos e Queixería CasLeiras, Terras da Mariña e unha selección de queixos e conservas das empresas Quesos Feijóo, Pazo de Anzuxao, Casleiras e conservas Rianxeira e Escurís.

Xa na comida oficial, os asistentes puideron disfrutar tamén de produtos Galicia Calidade, como a pescada de Puerto de Celeiro e os viños de Vía Romana e Altos de Torona.

Redes sociais

Multimedia