Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PARTICIPA NA FEIRA DO VIÑO E DAS D.O. CELEBRADA EN TORREMOLINOS
28/11/2012.

GALICIA CALIDADE PARTICIPA NA FEIRA DO VIÑO E DAS D.O. CELEBRADA EN TORREMOLINOS

Bodegas Ruchel, Bodegas Nairoa e Vilarvín contaron cun espazo dentro do evento que contou coa asistencia de milleiros de visitantes durante os tres días 

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, ven de participar o pasado fin de semana na Feria del Vino y de las D.O. celebrada en la localidad andaluza de Torremolinos. Cun stand de case 50 m2 contou coa presenza de tres adegas que contan cos seus viños amparados polo selo de garantía, como son Bodegas Ruchel, Bodegas Nairoa e Vilarvín, que puideron mostrar aos asistentes a calidade dos seus produtos. Ademais, durante o evento tamén se realizou unha cata de viños con moluscos galegos, amparados por Galicia Calidade, a cargo do sumiller Manu de los Ríos.

Esta feira converteuse en referente do sector enoalimentario en Andalucía. 55 empresas expositoras (un 30 por cento máis que na anterior edición), 155 adegas (un 19 por cento máis) e 48 rexións produtoras de viños e produtos de alimentación con denominación de orixe e marca de calidade participan na feira.

A Feira do Viño e Alimentación Mediterránea permitiu a profesionais, afeccionados e amantes do viño e a gastronomía coñecer a actualidade de ambos os sectores, as novidades no mercado e a puxanza das rexións produtoras. Entre as 45 denominacións de orixe e rexións de viños, non só nacionais senón internacionais, estiveron as de Ribeiro, Monterrei, Rías Baixas, Borgogna, Alsacia, Beaujolais (de Francia), las D.O. Rioja, Ribera del Duero, Rueda, Navarra, Jerez, Utiel-Requena, Vinos de la Tierra de Castilla, Valtiendas, Málaga, Madrid, Rías Baixas, Extramedura, Condado de Huelva, Toledo, Extremadura, Somontano, Penedés, Toro,, Cariñena, Cava, Pago Guijoso, La Mancha (entre outras moitas españolas); e na sección internacional viños de Australia, Chile, Arxentina, Portugal, Sudáfrica, Austria, Nova Zelandia, Italia ou Hungría, por citar algunhas.

O salón incorporou ao cadro de persoal de profesionais a cargo de guiar as catas e actividades a figuras nomeadas da sumillería e a gastronomía nacional e internacional: caso de Custodio Zamarra, Javier Gila, Paco do Castelo, Bruno Murciano, José Joaquín Cortés, Jose Luís Panigua (catador do restaurante Atrio de Cáceres, 2 Estrelas Michelín), Christian Jiménez, Enrique Bellver ou o chef Fernando Córdoba, entre outros.

Redes sociais

Multimedia