Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PARTICIPA NO RUEIRO DO CONSUMO ORGANIZADO POLA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
14/03/2011.

GALICIA CALIDADE PARTICIPA NO RUEIRO DO CONSUMO ORGANIZADO POLA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

O Conselleiro de Economía e Industria visitou esta mañá o stand da marca de garantía acompañado da Directora Xeral de Comercio

Galicia Calidade participa dende o 11 ao 15 de marzo no Rueiro do Consumo, unha actividade de formación e sensibilización cara un consumo responsable, así como para achegar as distintas ofertas da Escola Galega de Consumo no ámbito da educación. A marca de garantía aproveitou para mostrar ao público asistente a marca de garantía, o seu funcionamento, así como os produtos amparados pola mesma.

No día de hoxe, o Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, visitou o propio Rueiro acompañado da Directora Xeral de Comercio, Nava Castro. Neste espazo, que simula unha rúa, atópanse distintos stands que se complementan cunha exposición de produtos retirados do mercado por problemas de seguridade e exposicións de artesanía galega e produtos de Galicia Calidade.

Ademais, este ano como novidade presentouse o “Dálle a volta”, un material didáctico consistente nun libro-álbum en soporte dixital no que se aborda, a xeito de contraexemplo, os hábitos consumistas dunha nena, fomentados, en grande medida polo seu ámbito social.

O material está deseñado para ser impartido no segundo ciclo de Educación Infantil, podendo mesmo empregarse no 1º ciclo de Educación Primaria. O libro complétase cunha guía didáctica adicada ao profesorado. Esta publicación estará dispoñible desde a Mediateca da Escola Galega de Consumo na web: www.igc.xunta.es, e dentro das actividades do Rueiro, repartiranse 100 exemplares de maneira gratuíta.

Redes sociais

Multimedia