Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PARTICIPA NUN ENCONTRO CON EMPRESAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA
20/06/2011.

GALICIA CALIDADE PARTICIPA NUN ENCONTRO CON EMPRESAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA

No acto estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila

O xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, participou nun encontro cun centenar de empresas galegas no que fixo unha presentación sobre a marca de garantía que representa así como das ventaxas que supón contar con este distintivo. No acto, organizado pola distribuidora Vegalsa-Eroski no marco da Semana Verde de Silleda, contou coa asistencia de varias empresas que contan na actualidade con produtos amparados como Feiraco, Coren, Mondariz, Torre de Núñez, Vilarvín, Gargalo ou Gallego Pereira, entre outros.

Carlos Vila agradeceu ao grupo Vegalsa, na persoa do seu director xeral, Joaquín González, a oportunidade de poder dirixirse a cen das mellores empresas galegas para explicar as ventaxas que lle suporía o contar cos seus produtos amparados polo selo de garantía autonómico. Ademais, os asistentes tamén puideron coñecer de primeira man as opinións de varias das empresas asocidas a Galicia Calidade que explicaron as razóns que lles levaron a solicitar o certificado así como as ventaxas que lle supón o mesmo.

Pola súa banda, o xefe de compras do Grupo Vegalsa, Jorge Eiroa, recalcou a aposta do seu grupo de distribución pola calidade dos produtos e, neste sentido, animou a todas as empresas asistentes a solicitar a distinción de Galicia Calidade, avalada pola Xunta de Galicia, e que conlevará unha maior garantía para o consumidor. Ademais, tamén adiantou que o grupo Vegalsa vai realizar nos vindeiros días unha promoción dos produtos que na actualidade contan con este distintivo e que se comercializan dentro das súas áreas comerciais, con folletos específicos e diferenciados nos andeis dos supermercados.

Ao final do encontro os asistetes resolveron as súas dúbidas así como recoller toda a información e documentación necesaria para solicitar o distintivo Galicia Calidade.

Redes sociais

Multimedia