Inicio / NOVAS / Notas de prensa / GALICIA CALIDADE PATOCINA A FEIRA DO QUEIXO DE ARZÚA
02/03/2012.

GALICIA CALIDADE PATOCINA A FEIRA DO QUEIXO DE ARZÚA

O evento que cumpre a 37ª edición celébrase o 3 e 4 de marzo na vila arzuá

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, patrocina nunha nova edición a Feira do Quixo de Arzúa. O evento que cumpre a súa 37ª edición terá lugar mañá e o domingo no recinto feira da vila arzuá. Ademais da excelenetes actuacións musicais presentes no seu programa,a Festa do Queixo de Arzúa serve cada ano para que os produtores da contorna podan dar a coñecer o seu produto, que o consumidor coñeza de primeira man as bondades dun produto tan natural e sano como é o queixo e, ademais, poda saborear tan esquisito manxar.

Para Galicia Calidade calquera feira deste tipo, onde se promocionen os produtos galegos de calidade, como neste caso o queixo protexido con Denominación de Orixe Queixo de Arzúa resulta de especial interese. É por este motivo que a marca de garantía pública galega continúa coa súa colaboración decidida cun evento que cada ano suma máis visitantes e que se sitúa como un dos eventos de promoción de produtos alimentarios máis importantes de Galicia. Ademais, na actualidade Galicia Calidade xa conta cunha empresa que ten queixo amparado por esta D.O como é o caso de Queserías Castillo de Pambre. Outra queixería, Cas Leiras, tamén estará presente no evento para promocionar o seu produto, amparado pola D.O. San Simón.

Máis información sobre o evento na páxina web http://www.festadoqueixo.org/index.html

Redes sociais

Multimedia